25 de junho de 2007

Xornadas de Solidariedade con Cuba

A Asociación Brigadista de Galicia (ABRIGA) organizará os próximos días 28 e 29 de Xuño as I Xornadas de Solidariedade con Cuba:



O xoves día 28, o Cónsul Xeral da República de Cuba, Alejandro Fuentes analizará nunha charla-coloquio a situación actual e histórica de Cuba ao través da súa relación con Estados Unidos. Será ás oito da tarde no Centro Social Uxío Novoneyra, baixo o título 'Un largo conflicto: Cuba - Estados Unidos'.


O venres día 29, tamén ás oito da tarde na tenda de comercio xusto A Cova da Terra, (rúa das Nóreas nº 12) os membros da Asociación Brigadista de Galicia presentarán a I Brigada a Cuba 'José Gómez Gayoso', e moderarán un coloquio sobre o Movemento Brigadista Internacional.


Ese mesmo día, a partir das doce, no pub 'EMO', (rúa das Nóreas nº 5) celebrarase unha festa cubana, diversión asegurada e mojitos da casa. Imprescindible.

1 de junho de 2007

Sicko, Michael Moore

Sicko
Aquí temos o agardado trailer do novo documental de Michael Moore (‘Fahrenheit 9/11’), que leva por título ‘Sicko’. Nesta ocasión, Moore céntrase en analisar o sistema sanitario dos Estados Unidos comparándoo co de Cuba. O filme foi proxectado no festival de Cannes, onde recibiu boas críticas, aínda que non aspirara á Palma de Ouro. Moore viaxa a Cuba acompañado por un grupo de traballadores da Zona Cero afectados polos gases tóxicos. Na illa reciben de forma gratuita, o tratamento médico que se lles fora negado en territorio USA. Isto lle leva a concluír que o sistema de sanidade cubano debe ser superior ao estadounidense.

Stop ao Bloqueo

Stop ao Bloqueo
O bloqueo norteamericano contra Cuba sufriu a maior condena da historia o 8 de novembro de 2006 cando o proxecto de resolución cubano recibiu 183 votos a favor (182 no 2005), unha cantidade récord desde que fai 15 anos foi aprobado por primeira vez.

Votaron contra a resolución os catro de sempre: Estados Unidos, Israel, Illas Marshall e Palau. O segundo é unha provincia norteamericana e os dous últimos son protectorados estadounidenses desde fai máis de 60 anos, e teñen as relacións exteriores e o orzamento controlados por Wáshington. Abstívose Micronesia. Estiveron ausentes Nicaragua, Costa do Marfil, O Salvador e Iraq. O resto do mundo votou contra o bloqueo.

En declaracións, o chanceler Felipe Pérez Roque afirmou que a décimo quinta condena ao bloqueo de Estados Unidos aprobada na ONU é a máis importante que obtivo Cuba porque se logrou no medio de difíciles condicións e brutais presións de , foi derrotado completamente, o que constituíu a primeira vitoria do día para Cuba. Desde o luns anterior, a representación norteamericana estaba presionando para conseguir quen presentase unha proposición de cambio ao texto cubano e soamente o día antes da votación comunicaron con Australia, que se prestou como cómplice da política imperial para presentar a manobra yanki.

O intento foi frustrado por Cuba, cando o embaixador Rodrigo Malmierca solicitou unha moción de non acción, que recibiu o apoio de 126 estados, mentres só 51 votaron en contra e cinco abstivéronse. Con iso, o ardid quedaba anulado.

O correspondente citou varias intervencións de delegados que quixeron explicar o seu voto de apoio a Cuba. Anthony B. Severin, de Santa Lucía e en nome da Comunidade do Caribe; México opúxose tamén ao cambio e cualificouno de intento perigoso porque con el tratábase de xustificar unha medida coercitiva, e o representante de Sudáfrica, Sivo Maqungo, en nome do Grupo dos 77 (134 países), repudiou a emenda e ratificou o respaldo ao documento cubano, como tamén o fixeron Rusia e China.

Antes da votación, Estados Unidos quixo xustificar o bloqueo, pero recibiu debida resposta da embaixadora Ileana Núñez, quen condenou o agravamento da agresión a Cuba e sinalou que Wáshington non ten moral coa súa teima de desencadear guerras de conquista, bombardear poboacións civís e torturar prisioneiros.

Logo da votación, numerosas delegacións achegáronse á bancada cubana para felicitala e indagar pola saúde do Comandante en Xefe Fidel Castro.