A Asociación Brigadista de Galicia (ABRIGA) organizará os próximos días 28 e 29 de Xuño as I Xornadas de Solidariedade con Cuba:
O xoves día 28, o Cónsul Xeral da República de Cuba, Alejandro Fuentes analizará nunha charla-coloquio a situación actual e histórica de Cuba ao través da súa relación con Estados Unidos. Será ás oito da tarde no Centro Social Uxío Novoneyra, baixo o título 'Un largo conflicto: Cuba - Estados Unidos'.
O venres día 29, tamén ás oito da tarde na tenda de comercio xusto A Cova da Terra, (rúa das Nóreas nº 12) os membros da Asociación Brigadista de Galicia presentarán a I Brigada a Cuba 'José Gómez Gayoso', e moderarán un coloquio sobre o Movemento Brigadista Internacional.
Ese mesmo día, a partir das doce, no pub 'EMO', (rúa das Nóreas nº 5) celebrarase unha festa cubana, diversión asegurada e mojitos da casa. Imprescindible.
Sem comentários:
Enviar um comentário